Cidade

O colectivo Coruña Cociña organiza por primeira vez, en colaboración co Fórum Gastronómico, as actividades que se levan a cabo na cidade.

O sábado, 11 de marzo, día previo ao inicio do Fórum e como antesala á súa inauguración, celebrarase o gastrofestival “A Coruña Sabe” en Palexco (Muelle de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña). Con horario continuado de 12 a 24h. este festival están concibido como un espazo abertos a toda a cidadanía cunha ampla oferta de actividades vinculadas á gastronomía.

Descargar programa PDF

“A Coruña Sabe” reunirá en Palexco a 18 establecementos da cidade para ofrecer unha proposta gastronómica temporal, fresca e atrevida. Un espazo único ambientado especialmente para a ocasión, onde degustar a un prezo económico, entre 3 e 5 euros, as creacións dos restaurantes participantes en formato de tapa ou ración. Os establecementos son A Bica, A Pulpeira de Melide, Árbore da Veira, Bocanegra, Canela & Pimienta, Cudbe Food Truck, Culuca Cociña-Bar, Domus, El Descansillo, El Huerto Los Cantones, Gastroteca, Malte, Miga, O Lagar da Estrella, Oído Cocina!!!, Pablo Gallego, Pazo Santa Cruz e Roots.

Talleres infantís

Así mesmo, haberá un espazo dedicado aos nenos de entre 6 e 12 anos, no que poderán desfrutar dos talleres de cociña que lles teñen preparados os chefs de Coruña Cociña. Os talleres, de 40 minutos de duración, son de balde, e contan cunha capacidade de 20 prazas con inscrición previa na web https://acorunasabe.eventbrite.es.

O programa de talleres de nenos é o seguinte:

12.30 h. “Spring Rolls Con Salsa De Iogur” con Moncho Bargo ( Prácer)

13.30 h. “¿Facemos algo de sobremesa? con Tino Otero (Aula de Cocina Porto-Muíños)

16.30 h. “Diversións doces” con Iria Espinosa (Árbore da Veira)

17.30 h. “Doce Limón” con Ángeles Marzoa (Vinoteca Jaleo)

18.30 h. “Sándwich e canapés: xogando a cociñar” con Pablo Gallego (Pablo Gallego)

19.30 h. “Chocolateando” con Pablo Pizarro (Boca Negra)

 

Café, viño e música

Os asistentes desfrutarán ademais dun Recuncho do Café e poderán visitar o Túnel do Viño, unha zona dedicada ás D.O. de Galicia, na que se contará con máis de 30 referencias.

A música do DJ Jas Processor e o director das bandas locais Revival Stompers, Black y Jazz Up, animarán en todo momento o público asistente a “A Coruña Sabe”. Unha xornada que se completará coa celebración dun espectáculo que xunta moda e coctelaría.

 

Tapas a 4 mans

O domingo 12, coincidindo co peche da primeira xornada do Fórum Gastronómico, nove restaurantes “anfitrións” abrirán as súas portas a outros tantos cociñeiros coruñeses para, man a man, ofrecer creacións conxuntas nunha ruta de tapas a catro mans en horario de noite.

Nesta ruta gastronómica participan os seguintes establecementos e chefs: A Bica con Alma y Victor de La Greca; A Pulpeira de Melide con Álvaro Gantes de O Lagar da Estrella; Arallo Taberna con David Fariña de Alma Negra; Bocanegra con Álvaro Victoriano; Culuca Cociña-Bar con Antonio Amenedo del Pazo de Santa Cruz; Domus con Nelssy Soriano de la Gastroteca; El Descansillo con Manu Triay; Oído Cocina!!! con Oscar Vilariño de Zenit Coruña; y Roots con Javi Freijeiro de El Huerto.

O festival “A Coruña Sabe” conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración das empresas Gadis, Estrella Galicia e cafés Siboney.

MÁiS ACTIVIDADES PARALELAS!

CEA DOS GRANDES OUROS DE GALICIA 2017

O domingo, 12 de marzo, cita co viño galego. Máis de 40 adegueiros cos mellores viños da Guía de Viños de Galicia 2017, nunha Cea de Gala inesquecible.

Ás 20.30h dará comezo un Túnel de Viño cos mellores viños deste ano no Restaurante Mirador de San Pedro da Coruña.

Ás 21.30h terá lugar a Cea de Gala en compañía dos adegueiros.

Reservas en: reservas@miradordesanpedro.com.

 

CEA FINCA MONTESQUEIRO

Con motivo do Fórum Gastronómico, Finca Montesqueiro organiza unha Cea de Estrelas o luns, 13 de marzo.  Ao mando dos fogóns estarán: Nandu Jubany, Hideki Matsuhisa, Quim Casellas, Beatriz Sotelo Pepe Solla. Xuntos prepararán un sorprendente menú. 
Máis info: www.montesqueiro.com
Reservas: 981 90 44 55 o info@montesqueiro.com

 

CEA BOCANEGRA

O 14 de marzo, no restaurante coruñés Bocanegra a partir das 21:30 horas e o seu prezo será de 45 euros, bodega incluída. Estará presente unha representación dos mellores cociñeiros do panorama nacional. Ademais de Pablo Pizarro, do restaurante Bocanegra, estarán, Pepe Solla, Diego López de ‘La Molinera‘, Alberto Lareo do Restaurante Manso; Jorge Gago, de ‘A Maceta‘; Marco Varela, de ‘Sabrego‘, Manu Núñez, de ‘Arume‘ (actualmente no programa televisivo ‘Top chef‘) e Ariel Mendizabal.

Reservas: 881895464

 

INFORMACIÓN FÓRUM CORUÑA

T 93 883 30 45 / T 981 59 23 33 info@forumcoruna.com

Del 12 al 14 de marzo inscripciones presenciales en la entrada del recinto