Cook Trends

street food de esencia galega chega ao Fórum. Pensando sempre en ofrecer propostas de comida atractiva e de calidade, Fórum Coruña dá un paso adiante na súa habitual zona de Cook Trends. Nun gran espazo de comida sobre rodas, o visitante encontrará unha selecta oferta de cociña de matiz tradicional en formato moderno. 

Fórum Coruña recolle tendencias e abre camiño. Por isto, os food trucks seleccionados responden a criterios rigorosos e singulares. Compromiso cos produtos galegos, os produtores locais, a agricultura ecolóxica, a artesanía e as prácticas responsables.

Cook Trends será o lugar onde Galicia cociñe sobre rodas, o espazo de encontro dos amantes da cociña galega contemporánea, nun ambiente lúdico e festivo. 

 

Cando e onde:

12, 13 e 14 de marzo, Galería de Cristal ExpoCoruña

 

Listado de participantes: BICO DE XEADO, GALEGUESA, HERMES JOURNEY, JOSMAGA, LA CONSENTIDA, LACONLOVER, MERCADO DA COLLEITA, O VIAXEIRO, PULPONETA, SHOWCOOKING