Espazos

O programa de actividades do Fórum repártese equitativamente entre distintos espazos en función das características de cada sesión, respondendo así ás necesidades dos profesionais. Ademais do gran espazo feiral, o Fórum conta cun Auditorio coas sesións de cociña en directo a os obradoiros con degustación.

 

FEIRA:

O espazo feiral do Fórum é único. É o escaparate ideal das novidades do sector e unha extraordinaria plataforma comercial.

 

AUDITORIO:

Cociña en directo. Espazo con capacidade para unhas 400 persoas e equipado cos mellores medios, que permiten gozar de espectáculos de cociña a cargo dos mellores cociñeiros do panorama galego, español e internacional. Acceso de balde coa entrada ao recinto feiral. 

OBRADOIROS:

Modelo Fórum: cociña en directo + degustación. Demostracións de cociña protagonizadas polos mellores especialistas e con degustación final. Require inscrición previa. Espazo no que as empresas expositoras do Fórum presentan os seus produtos e novidades máis destacadas. 

AGORA: Xorde un novo espazo chamado Agora no que os protagonistas serán os oficios alimentarios e os artesáns, que ofrecerán sesións de 40 minutos, que. do mesmo xeito que os talleres, inclúen degustación e precisan inscrición. 

 

INFORMACIÓN FÓRUM CORUÑA

T 93 883 30 45 / T 981 59 23 33 info@forumcoruna.com

Del 12 al 14 de marzo inscripciones presenciales en la entrada del recinto