Fórum Gastronómico A Coruña 2017 pecha as súas portas acadando outro grande éxito na súa mellor edición en Galicia

15/03/2017 - Ao redor de 23.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo de tres días de intensa actividade

Fórum Gastronómico A Coruña pecha as súas portas con grande satisfacción por parte dos dous directores, Pep Palau e Jaume von Arend, polo novo éxito acadado nesta terceira edición coruñesa.

A rolda de prensa de valoración contou tamén coas intervencións de Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social; Xosé Regueira, depurado provincial de Turismo da Deputación da Coruña, e Manel Pérez Piñón.

Ao longo de tres xornadas pasaron por ExpoCoruña ao redor de 23.000 persoas, unha cifra similar á do 2015, que confirma unha vez máis a consolidación do evento en Galicia e na Coruña. En total o Fórum ocupou unha superficie total de 9.500 m2 en ExpoCoruña. Nesta edición cómpre salientar o aumento de público profesional, e un incremento de visitantes chegados de distintos puntos de España así como de Portugal.

Un centenar de relatores, dos cales máis de 20 son da cidade da Coruña, realizaron preto de 70 sesións repartidas entre o Auditorio, os talleres e o Ágora, ademais das actividades realizadas nos espazos dos expositores como a Aula de Cultura Cervexeira de Estrella Galicia, o stand de Unilever, de Saborea España, ou os da Consellería do Mar e a Consellería de Medio Rural, o camión do Grupo Nove ou o Mercado a Colleita. En total, 12 espazos de actividades funcionando simultaneamente.

Talleres con aforo completo e sen entradas dispoñibles, un auditorio no que non cesou a actividade e unha feira con corredores cheos foi a tónica xeral dos tres días.

Así mesmo público e prescriptores manifestaron o acerto no eixo temático deste ano, a nova cociña galega, que permitiu coñecer o grande potencial dos máis novos así como desfrutar coas propostas dos xa consolidados, subliñando, unha vez máis, o compromiso do certame coa gastronomía do territorio e a cidade que o acolle.

A incorporación do novo espazo, o Ágora, no que tiveron un rol protagonista os oficios artesáns, foi valorada moi positivamente por todos eles.

O Fórum segue a ser un grande colector de iniciativas e proxectos que facilitan a creación de sinerxias entre distintos axentes.

Por outra banda, é importante sinalar o alto grao de satisfacción dos máis de 200 expositores, que entablaron numerosos contactos comerciales nunha superficie feiral que creceu nun 30% respecto á anterior edición demostrando así que Fórum é un evento de referencia e unha grande plataforma de negocio para as empresas do sector. Cómpre sinalar a perfecta convivencia de grandes empresas con pequenos produtores así como a perfecta comunión entre produtos de calidade e equipamento, maquinaria y ferramentas que constitúe o escaparate ideal para o público profesional.

Do mesmo xeito, os premios InnoFórum, patrocinados por Gas Natural Fenosa, aos que se presentaron 34 produtos supoñen unha proxección para todas aquelas empresas que queren mostrar as súas novidades.

Tamén é salientable a internacionalización do evento, ademais dunha misión inversa foi posible gracias á colaboración da Cámara de Comercio da Coruña, na que participaron 46 empresas e 12 compradores de 6 países (Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México).

O espazo de restauración, que contou con 10 postos de comida cunha oferta moi diversa, tuvo, unha vez máis un grande éxito.

En total o Fórum contou con 150 medios acreditados.

Fórum Gastronómico A Coruña conta co apoio do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Coruña Turismo ademais de Estrella Galicia como patrocinador principal. Tamén son patrocinadores Unilever Food Solutions, Cabreiroá e Electrolux, entre outros. 

A seguinte cita do Fórum Gastronómico terá lugar en Girona do 19 ao 21 de novembro.

 

Fórum-A-Coruña-2017-cierra-puertas-sumando-otro-gran-éxito-en-su-mejor-edición-en-Galicia

<<< VOLVER