Fórum Gastronómico A Coruña 2017, espectáculo, negocio e moito máis

06/02/2017 -  A Sala de Prensa do Concello da Coruña foi o escenario da presentación do Fórum Gastronómico A Coruña 2017, que se celebrará do 12 ao 14 de marzo en ExpoCoruña.

O acto contou coas intervencións de Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña; Valentín González, Presidente da Deputación da Coruña; Manel Pérez Piñón, en representación de Estrella Galicia; Pablo Pizarro, Presidente do colectivo Coruña Cociña; e Pep Palau e Jaume von Arend, Directores do Fórum Gastronómico.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, destacou que o Fórum Gastronómico “sitúa a cidade na vangarda gastronómica”. A presenza de máis de 200 expositores, dos cales o 45% participan por primeira vez, fai que “este evento encaixe perfectamente nos plan estratéxicos da cidade”.

Pola súa parte, Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, destacou que “o programa de actividades deste ano adáptase ás necesidades da nosa gastronomía. A suma de turismo e gastronomía é unha das nosas apostas chave para a promoción da Coruña”.

Manel Pérez Piñón, en representación de Estrella Galicia, patrocinador principal do Fórum Gastronómico A Coruña 2017, presentou todas as actividades que a empresa galega realizará neste evento. Entre eles, destacou a Aula de Cultura Cervexeira, na que se afondará na fabricación de cervexas nacionais e internacionais, tanto da marca como outras presentes no mercado; e no que se realizarán talleres, maridaxes e catas. Ademais, porán en valor “as persoas que están nos establecementos día a día co Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa”, do que sairá o representante de Galicia no Campionato Nacional.

 

Programa de actividades

Pep Palau, codirector de Fórum Gastronómico, foi o encargado de detallar o programa de actividades. Un programa que ten como eixo principal a nova cociña galega, e que contará con 60 cociñeiros de Galicia. Entre moitos, cabe destacar a presenza de Pepe Solla (Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Luis Veira (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada) ou os colectivos Coruña Cociña y Grupo Nove. Non faltarán á cita novas promesas galegas como: Alberto Cruz (Landua), Carlos Javier González (Merenzao), Diego López (La Molinera), Nacho Rodríguez (Gastromanía),  Alén Tarrío (Pazo de Altamira) Alberto Lareo (Manso), Fernando Agrasar (As Garzas), Diego Novas e Marcos Blanco (Barrabasada) ou  Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0).

Ademais, o evento contará con chefs do taller dos andaluces Ángel León (Aponiente) e Diego Gallegos (Sollo), os asturianos Marcos Morán (Casa Gerardo), Nacho Manzano (Casa Marcial) e unha representación da cociña portuguesa cos tamén estrelados Henrique Sa Pessoa (Alma) ou Alexandre Silva (Loco). Tamén estarán presentes Nandu Jubany (Can Jubany), Aitor González (El Invernadero de Rodrigo de la Calle) ou Jesús Segura e David Chamorro (Trivio). En total, polo Fórum pasarán máis de 100 relatores.

Como novidade, este año realizaranse sesións monográficas de especialización dunha tarde de duración, concretamente unha de pescados e unha de carnes. No caso das carnes os protagonistas serán Mikel Zeberio, Carles Tejedor, Miquel Ristol (Lomo Alto) ou Héctor López (España), ademáis dos mellores grelleiros tradicionais de Euskadi e Galicia. No caso dos peixes, os asistentes poderán aprender con Hideki Matsuhisa (Koy Shunka), Andrés Medici (Purosushi), Sacha Hormaechea ou Victor Bossecker (Princesa Yaiza).

Ademais, no novo espazo chamado Ágora, dentro de ExpoCoruña, os protagonistas serán os oficios alimentarios e os artesáns, os cales ofrecerán sesións de 40 minutos que, ao igual que os talleres, inclúen degustación e requiren inscrición previa. Os protagonistas neste caso serán o pan, o queixo, a chacinaría o mar e a coctalería.

Como sempre, o viño tamén terá un papel protagonista. O Fórum Viño terá o privilexio de contar, entre outros, cunha sesión inédita de Josep Roca, mejor sumiller do mundo (El Celler de Can Roca), con sesións a cargo do sumiller Xoan Cannas (Instituto Galego do Viño), do especialista en viños de Xerez, José Ferrer e tamén Luís Paadín. O servizo de sala contará cunha sesión especial a cargo de Juan Mediavilla, Amaranta Rodríguez (Culler de Pau) e Abel Valverde (Santceloni).

O Fórum Dulce tamén tenrá cabida no evento con sesións de pastelaría galega a cargo de Ariel Mendizábal (Doriel), Paco Chicón e Sergio Musso (Eclectic. Lar gastronómico) e Toni Vera (Pastelería Canal), gañador do IX Concurso Mellor Croissant Artesán de Manteiga de España 2016.

 

Espazo feiral

O espacio feiral, tal e como manifestou Jaume von Arend, codirector do Fórum Gastronómico, contará con máis de 200 expositores e un crecemento dun 30% respecto da última edición. Aparte de Galicia, non faltarán empresas chegadas do resto de España, ademáis de China, Países Baixos ou Portugal. Nesta edición, cabe destacar que do total de empresas participantes, un 45% fanno por primeira vez no Fórum Gastronómico, demostrado así que o Fórum é un evento de referencia e unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector.

Von Arend destacou tamén a misión inversa, que se levará a cabo coa colaboración da Cámara de Comercio da Coruña, con 46 empresas e 12 compradores de 16 países (Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México).

Espaczo InnoFórum

Fórum Gastronómico A Coruña recoñecerá tamén a innovación da gastronomía a través dos Premios InnoFórum, patrocinados por Gas Natural Fenosa. Von Arend explicou que se premiará o produto máis innovador, o packaging máis creativo e o sabor máis orixinal. En total optan a estes premios 35 produtos que estará expostos nunha vitrinas en ExpoCoruña durante os días do Fórum convertíndose nun escaparate das novidades presentes no espazo feiral.

Cook Trends, zona de restauración

Fórum Gastronómico A Coruña contará cunha amplia zona de restauración con food trucks seleccionados que responden a criterios rigorosos e singulares; compromiso cos produtos galegos, os productores locais, a agricultura ecolóxica, a artesanía e as prácticas responsables. O Cook Trends será o lugar onde Galicia cociñe sobre rodas, o espazo de encontro dos amantes da cocina galega contemporánea, nun ambiente lúdico e festivo.

Os participantes serán: BICO DE XEADO, GALEGUESA, HERMES JOURNEY, JOSMAGA, LA CONSENTIDA, LACONLOVER, MERCADO DA COLLEITA, O VIAXEIRO, A PULPONETA, SHOWCOOKING

 

Actividades na cidade

Pablo Pizarro, Presidente do colectivo Coruña Cociña, foi o encargado de detallar o programa de actividades que se levará a cabo na cidade e é que nesta ocasión é o colectivo Coruña Cociña, en colaboración co Fórum Gastronómico, quen organiza as actividades que se levan a cabo na ciudade.

O sábado, 11 de marzo, día previo ao inicio do Fórum, celebrarase o gastrofestival “A Coruña Sabe” en Palexco. Con horario continuado de 12 a 24 h. este festival está concibido como un espazo aberto a toda a cidadanía cunha ampla oferta de actividades vinculadas á gastronomía. “A Coruña Sabe” reunirá en Palexco a 18 establecementos da cidade para ofrecer unha proposta gastronómica temporal, fresca e atrevida. Un espazo único ambientado especialmente para a ocasión, onde degustar a un prezo económico, entre 3 e 5 euros, as creacións dos restaurantes participantes en formato de tapa ou ración.

Así mesmo, haberá un espazo dedicado aos nenos de entre 6 e 12 anos, no que poderán desfrutar dos talleres de cociña que lles teñen preparados os chefs de Coruña Cociña.

Os asistentes desfrutarán ademais dun Recuncho do Café e poderán visitar o Túnel do Viño, unha zona dedicada ás D.O. de Galicia, na que se contará con máis de 30 referencias.

A música do DJ Jas Processor e o director das bandas locais Revival Stompers, Black y Jazz Up, animarán en todo momento o público asistente a “A Coruña Sabe”. Unha xornada que se completará coa celebración dun espectáculo que xunta moda e coctelaría.

O domingo 12, coincidindo co peche da primeira xornada do Fórum Gastronómico, nove restaurantes “anfitrións” abrirán as súas portas a outros tantos cociñeiros coruñeses para, man a man, ofrecer creacións conxuntas nunha ruta de tapas a catro mans en horario de noite.

Máis información A Coruña Sabe: http://www.forumcoruna.com/images/programa_acorunasabe_web.pdf

Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2017-espectáculo-negocio-y-mucho-más

<<< VOLVER