Vibrante terceira xornada no Fórum Gastronómico A Coruña 2017

14/03/2017 -  Fórum Gastronómico A Coruña pecha as súas portas este martes despois de tres intensas xornada

Algúns dos protagonistas da xornada foron Alexandre Silva, Marcos Morán, Nacho Manzano ou Iván Domínguez.

O Auditorio encheuse un día máis coas sesións do portugués Alexandre Silva (Loco), os asturianos Marcos Morán (Casa Gerardo) e Nacho Manzano (Casa Marcial) e os galegos Fernando Agrasar (As Garzas), Diego Novas e Marcos Blanco (Barrabasada), Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0) e Iván Domínguez (Alborada), quen puxo o ramo ao Fórum Gastronómico A Coruña 2017.

Nos talleres vivíronse sesións doces como a de Ariel Mendizábal (Doriel, Culleredo), quen presentou aos asistentes unha orixinal sesión da nova pastelería galega e a de Paco Chicón e Sergio Musso (Eclectic. Lar gastronómico), que ofreceron a súa interpretación culinaria do territorio galego

Pepe Solla (Solla) realizou un obradoiro no que, xunto a Artesáns da Pesca, reflexionou sobre o potencial de maduración do peixe. 

O servizo de sala real tamén foi protagonista coa sesión do mestre Juan Mediavilla, Amaranta Rodríguez (Culler de Pau) e Abel Valverde (Santceloni).

 

Unha das propostas especializadas que máis expectativas xerou foi o monográfico sobre peixe que protagonizaron o xaponés Hideki Matsuhisa (Koy Shunka), Andrés Medici (Purosushi), Sacha Hormaechea (Botillería Sacha) e máis Victor Bossecker (Princesa Yaiza). E salientouse a importancia que atesoura o pan en Galicia cunha sesión celebrada no Ágora a cargo de Guillermo Moscoso e José Luis Miño da asociación Moita Miga; do mesmo xeito, e neste mesmo espazo, o queixo e a sidra tamén foron protagonistas.

O derradeiro día de Fórum Gastronómico A Coruña contou coa visita do Alcalde Xulio Ferreiro quen estivo acompañado de Goretti Sanmartín, vicepresidenta dá Deputación da Coruña, e os directores do Fórum Gastronómico, así como doutras autoridades.

E tamén, seguindo a tónica dos anteriores, cunha feira chea de visitantes interesados en descubriren as novidades do sector a través do gran escaparate comercial que é a feira do Fórum.

O espazo de restauración, o CookTrends, continuou a recibir unha grande afluencia de público con ganas de probar unha selecta oferta de cociña de raigame tradicional en formato moderno.

Fórum Gastronómico A Coruña conta co apoio do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Coruña Turismo ademais de Estrella Galicia coma patrocinador principal. Tamén son patrocinadores Unilever Food Solutions, Cabreiroá e Electrolux, entre outros.  

Gran-tercera-jornada-de-Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2017

<<< VOLVER