Premios e concursos en Fórum Gastronómico A Coruña 2017

22/02/2017 - No marco de Fórum Gastronómico A Coruña celebraranse os Premios InnoFórum, os Picadillo, o Cociñeiro Novo 2017 e o Concurso de Pulpeiras/os

Do 12 ao 14 de marzo ExpoCoruña vivirá unha nova edición de Fórum Gastronómico, unha vez máis, ademais dun intenso programa de actividades e un gran espazo feiral, tamén contará con distintos premios e concursos.

Cociñeiro Novo 2017

O Fórum Gastronómica e La Voz de Galicia organizan o premio Cociñeiro Novo 2017, que recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que empregan produto de proximidade, teñen sensibilidade con producións ecolóxicas; colaboran conxuntamente con produtores locais e fan difusión deste tipo de valores.

Os finalistas son Adrián Felípez (Miga, A Coruña), Carlos Pérez (Hokuto, A Coruña), Jorge Gago (A Maceta, Santiago), Dani López (Camiño do Inglés, Ferrol) e Álvaro Fuentes (Taberna Meloxeira, O Grove).

A través do portal web de La Voz de Galicia poderase votar aos distintos candidatos ata o día 8 de marzo. A entrega de premios terá lugar o domingo 12 de marzo, primeira xornada do Fórum Gastronómico, no Auditorio ás 16:30h. Cada un deles elaborará unha receita en directo. Un xurado de expertos do sector foi o encargado de seleccionar aos cinco candidatos. O Cociñeiro Novo 2017 será escollido mediante votación popular.

 

Premios Picadillo

O luns, 13 de marzo, ás 16:00h será a quenda dos Premios Picadillo en recoñecemento á traxectoria profesional dos cociñeiros, enólogos, responsables de sala, produtores e divulgadores da cultura culinaria galega.

Os premiados son: en categoría de Cociña, Manicha Bermúdez (La Taberna de Rotilio, Sanxenxo); en Sala, César Gallego (A Coruña); en Viño, Raúl Pérez (enólogo), en categoría de Produtor, César Bonilla (Bonilla a la vista, A Coruña) e en Difusión, a escritora Fina Casalderrey (Pontevedra).

Premios InnoFórum

Os Premios InnoFórum, patrocinados por Gas Natural Fenosa, son un recoñecemento á innovación na gastronomía. Os produtos concursantes deben presentarse ao mercado nos 12 meses anteriores á edición do Fórum Gastronómico e só poden optar a eles empresas expositoras do Fórum.

Contan con tres categorías: produto máis innovador, packaging máis creativo e sabor máis orixinal. Os produtos inscritos estarán expostos nunhas vitrinas en ExpoCoruña durante os días do Fórum.

Un xurado formado por especialistas de distintos ámbitos será o encargado de ditaminar os premios que se entregarán o domingo, 12 de marzo, ás 17:15h no Auditorio do Fórum Gastronómico.

 

Concurso de Pulpeiras/os

O Concurso de Pulpeiras/os premiará unha vez máis a habilidade dos profesionais na elaboración e servizo de Polbo á Feira. Está dotado con tres premios e abertos a todos aqueles profesionais galegos que desexen mostrar a súa destreza na arte de cociñar un bo polbo. Celebrarse o domingo, 12 de marzo, ás 18:00h no Agora de Fórum Gastronómico.

Premios-y-concursos-en-Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2017

<<< VOLVER