Actividades

Obradoiros temáticos con degustación impartidos polos mellores cociñeiros do mundo; sesións activas, dinámicas e que fomentan a participación; espectáculos de cociña en directo; catas de viños; degustacións guiadas e premios coma os Premios Picadillo e o Concurso de Polbeiras e Polbeiros conforman un impresionante programa de actividades deseñado por e para a mellora e formación dos asistentes.

O Fórum acolle os mellores profesionais gastronómicos. Cociñeiros e cociñeiras, produtores, enólogos, pasteleiros, expertos... desfilan polos escenarios.

 

Descarga programa en PDF