Premios e concursos

O Fórum reserva un espazo no seu programa de actividades para os premios e concursos. En Fórum A Coruña celebraranse os Premios Picadillo, e o Concurso de Polbeiras e Polbeiros.

Os Premios Picadillo, en recoñecemento á traxectoria profesional de cociñeiros, enólogos, responsables de sala, produtores e máis divulgadores da cultura culinaria galega.

O Premio Cociñeiro Novo 2017, patrocinado por La Voz de Galicia, salienta o labor dos cociñeiros emerxentes que utilizan produto de proximidade, teñen sensibilidade coas producións ecolóxicas; colaboran conxuntamente con produtores locais e difunden este tipo de valores. 

O Concurso de Polbeiras e Polbeiros premia a habilidade dos profesionais na elaboración e servizo do Polbo á Feira. Dotado con tres premios, está aberto a todos os profesionais galegos que queiran amosar a súa destreza na arte de cociñaren un bo polbo.

Fórum Gastronómico A Coruña 2017 tamén entregará os Premios InnoFórum, patrocinado pola Gas Natural Fenosa, que queren ser un recoñecemento á innovación na gastronomía. Contarán con tres categorías: produto más innovador, packaging máis creativo e sabor máis orixinal. Os produtos concursantes deberán aparecer no mercado nos 12 meses anteriores á edición do Fórum Gastronómico. Cómpre encher a folla de inscrición para participaren.

INFORMACIÓN FÓRUM CORUÑA

T 93 883 30 45 / T 981 59 23 33 info@forumcoruna.com

Del 12 al 14 de marzo inscripciones presenciales en la entrada del recinto