News!

A CORUÑA 19 // O Fórum Gastronómico volve á A Coruña do 10 ao 12 de marzo de 2019

23/10/2018
A-CORUÑA-19---El-Fórum-Gastronómico-vuelve-a-Coruña-del-10-al-12-de-marzo-de-2019

Os días 10, 11 e 12 de marzo de 2019 A Coruña volverá converterse no punto de encontro da gastronomía coa celebración do Fórum Gastronómico. A edición 2019 seguirá co mesmo modelo que resultou tan exitoso, un grande espazo feiral con recoñecidas empresas dos sectores da distribución, a produción de alimentos e bebidas, o foodservice ou o equipamento e a maquinaria, xunto cun atractivo e amplo programa de actividades protagonizadas por destacados cociñeiros. Será unha vez máis unha cita obrigada para os profesionais e tamén para o público gourmet.

No 2017 pasaron arredor de 23.000 persoas ao longo das tres xornadas, realizáronse preto de 70 sesións repartidas entre o Auditorio, os obradoiros e o Ágora ademais das actividades realizadas nos espazos dos expositores. Pola súa banda, participaron máis de 200 empresas expositoras.

O Fórum Gastronómico celébrase en Galicia dende 2008, con tres edicións en Santiago de Compostela e tres na Coruña. En todas elas potenciáronse os produtos, a gastronomía e os cociñeiros e cociñeiras galegos, contribuíndo á internacionalización da cociña galega así como á promoción dos excelentes produtos de Galicia.

O Fórum Gastronómico traballará para que a edición da Coruña 2019 teña un novo éxito de asistencia, volva xerar negocio para as empresas participantes e siga contribuíndo a pór a Galicia e A Coruña coma destinos gastronómicos de primeiro nivel.


Volver
© Fòrum Gastronòmic S.L. | T 93 883 30 45 | info@forumgastronomic.com 
Ctra. de Sant Hipolit a Manlleu s/n 08560 Manlleu (Barcelona - España)
 Nota legal | Nota técnica | Política de Cookies | Política de Devoluciones | Política de Venta