News!

CORUÑA 19 // Gran éxito de comercialización do espazo feiral do Fórum Gastronómico A Coruña 2019

02/11/2018
CORUÑA-19--Gran-éxito-de-comercialización-del-espacio-ferial-de-Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2019

A edición 2019 seguirá co mesmo modelo que conseguiu grandes resultados nas tres pasadas edicións na Coruña: un gran espazo feiral con empresas de zona dos sectores da distribución, a produción de alimentos e bebidas, o foodservice ou o equipamento e a maquinaria; xunto cun atractivo e moi amplo programa de actividades protagonizadas por cociñeiros senlleiros. Será, unha vez máis, unha cita á que ir por forza, para os profesionais e tamén para o público gourmet.

O espazo feiral do Fórum é o escaparate ideal para as empresas do sector que queren estar presentes no evento pioneiro e de referencia entre os congresos e feiras enogastronómicas. Xa son moitas as empresas que confirmaron a súa presenza nesta nova edición, por exemplo:

• Alimentación: Abril, Aceite Galeo, Bonilla a la Vista, Porto-Muiños, Unilever, Sosa Ingredients, Bacalaos El Barquero, Dairylac, Queixos Brigantia, Jamones González, Embutidos Lalinense, Champivil.
• Bebidas: Estrella Galicia, Cabreiroá, Candelas, Montecelio, Sabora, Siboney, Habelas Hailas.
• Distribución: Casalnova...
• Novas Tecnoloxías: Innovatec Galicia e Infor Server - Strongpoint.
• Institucional: Economía Social de Galicia, Consellería do Medio Rural, D.O. Sierra Mágina.
• Equipamentos: Winterhalter, Hornos de Brasa HBE, Unox, Welbit, My Chef Distform, Exclusivas Villares, Simega - Sillas y Mesas, Grupo Roig, Fagor, Sammic.

Ademais de moitos outros, dende multinacionais a pequenos produtores, representando toda a cadea de valor do sector.

Cando só pasaron unhas poucas semanas do comezo da comercialización e cando aínda faltan máis de 5 meses para o Fórum, este xa conta cun 50% de espazo feiral vendido. Seguindo ese ritmo non se descarta unha ampliación de superficie.


Volver
© Fòrum Gastronòmic S.L. | T 93 883 30 45 | info@forumgastronomic.com 
Ctra. de Sant Hipolit a Manlleu s/n 08560 Manlleu (Barcelona - España)
 Nota legal | Nota técnica | Política de Cookies | Política de Devoluciones | Política de Venta