News!

A CORUÑA 19 // Cook Trends, a zona de restauración do Fórum Gastronómico A Coruña 2019

19/02/2019
A-CORUÑA-19--Cook-Trends-la-zona-de-restauración-del-Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2019

O Fórum Gastronómico A Coruña 2019, que se celebrará do 10 ao 12 de marzo en ExpoCoruña, contará cun grande espazo de restauración formado por un total de 12 food trucks. Os visitantes do Fórum poderán degustar distintas opcións cunha oferta gastronómica para todos os gustos.

Un ano máis, a oferta de restauración reunirá os ingredientes principais do Fórum: gastronomía con valores. No espazo Cook Trends ofrecerán os seus mellores produtos un grupo de food trucks seleccionados con xeito. O obxectivo é que o visitante que vaia ao Fórum atope nas distintas propostas de comida sobre rodas variedade e calidade, e poderes comer ou degustar segundo os seus gustos.

Os participantes serán: Café Siboney cos cafés máis selectos; Bico de Xeado, con xeados e gofres artesáns; Laconlover coa cociña do Lacón de Galicia; Pulponeta co mellor polbo; Hermes Journey con bocadillos de autor; De La Piccola con pizzas artesanas en forno de leña; Medrar Tierra con cociña vegana e vexetariana; Sushimakers con xaponesa e nikkei con peixe de Galicia; Galetruck con hamburguesas de tenreira ecolóxica de Galicia; Showcooking con cociña Km0; Josmaga con arroces e tortillas; e unha barra de Estrella Galicia.

Fórum Gastronómico A Coruña 2019 será unha vez máis unha cita obrigada para os profesionais da gastronomía e tamén para o público gourmet e conta co apoio de Estrella Galicia como patrocinador principal ademais de Cabreiroá, Fagor, Callebaut ou Pujadas, e o soporte técnico de Makro, Abril, Josmaga, Instituto Galego do Viño, Tawi, Bragard ICC, Gadis, Sargadelos, Sammic, KitchenAid ou Audi Arrojo, entre outros.

Nado no 1999, o Fórum Gastronómico celebra este 2019 os seus 20 anos de andaina. Actualmente conta con tres sedes, Girona, Barcelona e A Coruña.


Volver
© Fòrum Gastronòmic S.L. | T 93 883 30 45 | info@forumgastronomic.com 
Ctra. de Sant Hipolit a Manlleu s/n 08560 Manlleu (Barcelona - España)
 Nota legal | Nota técnica | Política de Cookies | Política de Devoluciones | Política de Venta