News!
A CORUÑA 19 // Cinco candidatos optan ao premio Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico

A primeira xornada do Fórum Gastronómico A Coruña 2019 será o día no que se dará a coñecer o nome do Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico, un galardón que desde 2014 enaltece e recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que ofrecen propostas culinarias de calidade, utilizan produtos de proximidade, fan unha cociña sustentable e difunden estes valores.
A mañá do domingo 10 de marzo terá lugar no Auditorio a sesión na que os 5 candidatos amosarán en directo as súas cualidades. O gañador decidirase entre votación popular e un xurado profesional.
Os cinco finalistas son: Alén Tarrío (Pampín, Santiago); Carlos González (Merenzao, Sober, Lugo); Gerson Iglesias (Adega das Caldas, Ourense); Adrián Fuentes (Abisal, Vigo) e máis Víctor Fernández (Morro Fino, Vigo).
Os candidatos, preseleccionados por un xurado especial, destacan por ofreceren nos seus establecementos unhas propostas culinarias apegadas á terra e á súa contorna, pero tamén por achegar toques de innovación e un selo ben persoal. Todos eles cociñarán en directo o día 10 un prato que os identifica e que resume a súa cociña e a súa filosofía. Nas anteriores edicións os premiados foron Diego López (La Molinera, Lalín) no 2014; Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide, A Coruña) no 2015 e Jorge Gago (A Maceta, Santiago) no 2017.
Volver
ExpoCoruña