News!

CORUÑA 19 // Doce produtos optan aos Premios InnoFórum 2019

26/02/2019
A-CORUÑA-19--Doce-productos-optan-a-los-Premios-InnoFórum-2019

O Fórum Gastronómico A Coruña 2019 entregará os Premios InnoFórum que son un recoñecemento á innovación na gastronomía. Vanse premiar o produto máis innovador, a embalaxe máis creativa e o sabor máis orixinal. As empresas expositoras do Fórum Gastronómico A Coruña’19 poden optar a estes galardóns.

Os produtos concursantes débense presentar ao mercado nos 24 meses anteriores á edición de Fórum Gastronómico. Durante os tres días do evento os candidatos exporanse nunhas vitrinas no recinto feiral. Un xurado formado por profesionais da alimentación, gastrónomos, prensa especializada e persoas cualificadas no ámbito agro alimentario avaliará as diferentes propostas presentadas. O veredicto do xurado será público no acto de entrega de premios, que terá lugar no Auditorio do Fórum Gastronómico A Coruña 2019 o domingo 10 de marzo ás 18.15 h.

Os candidatos son:
- QUESO TENRO TRADICIONAL 100% GALEGO. Empresa: Casa Zolle. Posto nº60
- WHISKY SIR JOHN MOORE. Empresa: Sansutex Alimentación, Bergondo (A Coruña). Posto nº30.
- QUEIXO DE INVERNO. Empresa: Campocapela. Posto nº410-425
- OVO COCIÑADO A BAIXA TEMPERATURA. Empresa: Granxa Campomayor. Posto nº276-278.
- LICOR DE LEITE CON VAINILLA. Empresa: Kalekói. Posto nº124.
- CREMA DE IOGUR NATURAL CON CREMA DE CASTAÑA. Empresa: Kalekói. Posto nº124.
- PREPARADO PARA TORTILLA DE PATACA. Empresa: Morcillas de Cardeña. Posto nº140-145.
- CEBOLA HORCAL FRITIDA. Empresa: Morcillas de Cardeña. Posto nº140-145.
- GAMA TRESSORO AUDENS FOOD – CROQUETAS CON CORAZÓN. Empresa: Casalnova. Posto nº470-475.
- GURES. Empresa: Gures. Posto nº158.
- ESCAMAS DE CONGRO SECO. Empresa: Lemar Elaboraciones Artesanas. Posto nº220-225.
- PREPARADO COCIDO Empresa: Casa Castelao Posto nº132


Volver
© Fòrum Gastronòmic S.L. | T 93 883 30 45 | info@forumgastronomic.com 
Ctra. de Sant Hipolit a Manlleu s/n 08560 Manlleu (Barcelona - España)
 Nota legal | Nota técnica | Política de Cookies | Política de Devoluciones | Política de Venta