News!

11/03/1019 // Marcado acento feminino na segunda xornada do Fórum Gastronómico A Coruña 2019

11/03/2019
A-CORUÑA-19--Marcado-acento-femenino-en-la-segunda-jornada-de-Fórum-Gastronómico-A-Coruña-2019

Entregáronse os Premios Picadillo ao Grupo Nove na categoría de Cociña; Alberto García García (fundador do Mesón de Alberto) en Sala; Alfredo Álvarez (Fundador da Asociación Galega de Sumilleres) en Viño; Ignacio de Rivera (Consejero delegado de Hijos de Rivera) en Produto; e á escritora Araceli Filgueira en Cultura.

O Fórum Gastronómico que se desenvolve en ExpoCoruña viviu unha segunda xornada cun vizoso nivel nas súas sesións e talleres e cun grande éxito de público, con cheos tanto nas actividades como nos corredores da súa feira profesional e no espazo de restauración, CookTrends. Unha xornada máis a feira do Fórum foi un bulicio constante de contactos comerciais entre profesionais que atopan neste evento un escaparate inmellorable das novidades do sector.

En referencia ás actividades, as mulleres tomaron o control do Auditorio do Fórum pola mañá, cos relatorios de Leonor Espinosa (Leo), as galegas Beatriz Sotelo e Lucía Freitas (A Tafona), a portuguesa Marlene Vieira (Panoramico/Time Out Market) e a donostiarra Aizpea Oihaneder (Xarma Cook). Pola tarde o papel da muller na gastronomía foi o tema do diálogo moderado pola xornalista Rosa Rivas con Leonor Espinosa (Leo), Lucía Freitas (A Tafona), Laura Lorenzo (Daterra viticultores) e Lucía Cidón (Finca Montesqueiro). Polo auditorio tamén pasaron Albert Raurich e Takeshi Somekawa (Dos Palillos) ademais da presentación do colectivo Cociña Ourense e a sesión de peche con Javier Olleros (Culler de Pau) que, acompañado polo seu equipo, celebrou os 10 anos do Culler de Pau.

As actividades nos obradoiros estiveron a cargo do holandés Syrko Bakker (Pure C), Daniel Guzmán e Julio Sotomayor (Nova) con Santiago Pérez (Finca Los Cuervos), Álvaro Garrido (Mina), Jhonatan Ovalle (Cabo Busto) e o belga Kobe Desramaults (Chambre Séparée).

O pan foi protagonista no Ágora con Pan da Moa, Panadería Hermanos Diéguez e Pan do Tres ademais das sesións de expositores a cargo da Diputación de Cáceres, o Mercado da Colleita, Aceites Abril e Le Cordon Bleu.

O Wine Circus Fórum Viño foi o punto de encontró do viño coas Wine talks de Pablo García Fortes (Coach e consultor); Ismael López Tubío (Sumiller Casa Solla); Elisabet Castro (Sumiller Mesón do Campo); Rafael Palacios (Bodega Rafael Palacios); e Xoán Cannas (director INGAVI). As conversas foron a cargo de Miguel Anxo Besada (Taberna A Curva) e Dominique Roujou (Terroir en Botella) na sesión de pola mañá e na tarde, Marta Fernández (O Balado) e Alejandro Bastida (Samaná Coruña). E a cata a cegas contou con Jaime Álvarez Vidal (Sumiller e co propietario Colmado 14); Marcos Eire Fernández (Sumiller El Secreto); Nicolás Legido (Sumiller Silabario); Daniel Carballeira Garrido (Sumiller O Camiño do Inglés) e máis Elisabeth Castro Vázquez (Sumiller Mesón Docampo).

Pola súa banda, Catalan Brewery, Galician Brew, Menduiña, Carlow Brewing Company: O´Hara´s, Cervexas Familia 1906 ou Cervexas Nasa encheron as actividades da Aula de Cultura Cervexeira. Este luns, ademais, celebrouse no posto de Hijos de Rivera o Campionato Estrella Galicia de Tiraxe de Cervexa que chegou á súa sétima edición. O gañador foi Benjamín Seoane, do Pub Atlántico (Santiago).

Mañá, derradeira xornada
A cociña canaria e o servizo de sala serán os grandes protagonistas. Pola mañá, o Auditorio vai acoller una sesión matinal con Cristo Hernández (Gyotaku) de Tenerife; Arabisén Quintero (Casa Juan) de el Hierro; Juan Carlos Curpa (El Jardín de la Sal) de La Palma; Germán Blanco (La Cascada del Puerto) de Lanzarote; e máis Borja Marrero (Texeda) de Gran Canaria. Ao mediodía tamén haberá unha sesión con Paco Méndez (Hoja Santa). Xa pola tarde, o servizo de sala tomará o mando cunha sesión a cargo de Juan Moll, responsable de sala do grupo Robuchon; un diálogo co propio Moll e Pepe Solla (Casa Solla), entre outros, moderado por Xoán Cannas, e unha sesión de clausura con Solla.

Os talleres van contar con Julio Blanco (Pomme Sucre), Paulo Airaudo (Amelia), Alberto Lareo (Manso), Daniel López (O Camiño do Inglés) e Juanlu Fernández (LÚ, cocina y alma). No Ágora será a quenda dos queixeiros artesáns galegos con Queixería Airas Moniz (Chantada, Lugo) e Bisqato (Guitiriz, Lugo) e da Comunidade Slow Food Alimentos del Camino. Ademais das actividades dos expositores coa Consellería do Medio Rural, Pimentón de la Vera e Deputación da Coruña.

As Wine talks do Wine Circus Fórum Vino estarán protagonizadas por Ismael Álvarez (Sumiller Nerua); Laura Montero (Enóloga Terroir en Botella); José Luis Bouzón (Adega Casa Beade); Pepe Albela (Maestro destilador en GOD) e Diego Diéguez (Cume do Avia). Nas conversas será a quenda de Pepe Solla (Casa Solla) e Xoán Cannas (Instituto Galego do Viño) pola mañá e de Fernando González (Bodegas Algueira) e Fabio González (Bodegas Algueira) pola tarde. E a Cata a cegas contará con Marcos Docasal Pereira (Sumiller e Area Manager Casal de Armán); Aroa Rojo Álvarez (Sumiller e propietaria Manuel Rojo); Antón Fernández Noguerol (Sumiller e formador INGAVI); Yolanda Díez Trabanca (Sumiller e propietaria Living Vigo) e máis Ismael López Tubío (Sumiller Casa Solla).

O Wine Circus Fórum Vino ofrecerá unha sesión no Auditorio sumamente innovadora, na que, por vez primeira nun evento gastronómico, a cociña porase ao servizo da sala, cociñando pratos en función dos viños escollidos polo catador, para conseguir a harmonía perfecta entre ambos os dous mundos. Contará con Ismael López e Pepe Solla (Casa Solla); Pedro Ferreira e Pedro Lemos (Restaurante Pedro Lemos, Oporto); Ismael Álvarez, Stefania Giordano e Joseán Alija (Nerúa, Bilbao): ademais de Audrey Doré (Celler de Can Roca, Girona).

A Aula de Cultura Cervexeira seguirá a propor máis actividades con Hijos de Rivera, Catalan Brewery, Cervexas Familia 1906, BrewDog e Cervexa Nós.

Fórum Gastronómico A Coruña 2019 está a ser una vez máis una cita obrigada para os profesionais da gastronomía e tamén para o público gourmet e conta co apoio de Estrella Galicia como patrocinador principal ademais de Cabreiroá, Callebaut o Fagor Industrial, as colaboracións de Pimentón de la Vera, Diputación de Cáceres, Aceites Abril, Cega Audiovisuales, Pujadas ou o Concello da Coruña, e o soporte técnico de Makro, Instituto Galego do Viño, Gadis, Bragard, Josmaga, Tawi, ICC, Sargadelos, Sammic, KitchenAid ou Audi Arrojo, entre outros. Ademais Canarias é Territorio convidado e conta co apoio do Gobierno de Canarias. Nado no 1999, o Fórum Gastronómico celebra este 2019 os seus 20 anos de vida. Actualmente conta con tres sedes, Girona, Barcelona e A Coruña.


Volver
© Fòrum Gastronòmic S.L. | T 93 883 30 45 | info@forumgastronomic.com 
Ctra. de Sant Hipolit a Manlleu s/n 08560 Manlleu (Barcelona - España)
 Nota legal | Nota técnica | Política de Cookies | Política de Devoluciones | Política de Venta